CRTVG

Buscar

O presidente da Arxentina vacínase contra a covid−19 despois de autorizala para maiores de 60

Publicado o 22/01/2021 08:08

O presidente da Arxentina recibe a primeira dose da vacina rusa contra a COVID−19.
Alberto Fernández, de 61 anos, acudiu a un centro hospitalario ao outro día de que Arxentina ampliara a aprobación da vacina Sputnik V para maiores de sesenta.

Na Arxentina estase a desenvolver desde o 29 de decembro a campaña de inoculación voluntaria a persoas de entre 18 e 60 anos, empezando polo persoal sanitario máis exposto. A segunda dose da vacina rusa empezárona a inxectar este martes. E desde o mércores o preparado anticoronavirus están a administralo tamén a maiores de sesenta, ao cosideraren as autoridades arxentinas que ten unha marxe aceptable de seguridade e eficacia nese grupo de idade.

Noticias web

22/01/2021