CRTVG

Buscar

O PPdeG quere facer unha campaña de proximidade co lema 'Un café con Feijóo'

Publicado o 26/02/2020 15:05

O PPdeG quere que toda a cidadanía participe na construción da Galicia da próxima década. Ese é o obxectivo dos actos de precampaña presentados esta mañá baixo o lema 'Un café con Feijóo'.

O secretario xeral dos populares galegos tamén anunciou a celebración dun acto multritudinario en Ourense este domingo para conmemorar os 11 anos da primeira vitoria electoral de Feijóo.

O PPdeG xa confirmou a participación neste acto de Pablo Casado e de Mariano Rajoy.

Noticias web

26/02/2020