CRTVG

Buscar

O PPdeG pide ao Goberno que "rectifique" no estatuto das electrointensivas

Publicado o 23/02/2020 17:58

O PPdeG repróchalle a Pedro Sánchez que veña a Galicia só "a mitins do PSOE" e nunca como presidente do Goberno. Con todo, aproveita a estadía do presidente hoxe en Santiago para esixirlle que rectifique no estatuto das empresas electrointensivas.

"Gustaríanos que (Pedro Sánchez) aproveitara a súa visita hoxe a Galicia, aínda que fose nun mitin do PSOE, para dicir se vai pagar os 370 millóns que lle debe a Galicia e aclarar o futuro da empresa electrointensiva, en que hai en xogo cinco mil postos de traballo en Galicia e outros dous mil en Asturias", di Miguel Tellado, secretario do PPdeG.

Deses sete mil postos de traballo en Galicia e Asturias falaron representantes do Partido Popular das dúas comunidades na comisión de industría que mantiveron en Santiago. Despois da xuntanza, unha revindicacion conxunta: pídenlle, de novo, ao Goberno que recitife no estatuto das empresas electrointensivas e abarate o custo da luz para as fábricas máis grandes, como é Alcoa. 

"Non lle pedimos nada que non se poida facer, son medidas legais que se están aplicando noutros países e que permitirían a viabilidade de Alcoa", afirma o conselleiro de Economía.

A Xunta esíxelle ao Goberno central que escoite as alegacións presentadas por Galicia, Asturias e Cantabria.

"Non parece razoable que España queira financiar a descarbonización cos postos de traballos de Alcoa, das empresas electrointensivas e cos traballadores e transportistas das Pontes", asegura Francisco Conde.

O conselleiro esixe premura porque di que "non hai tempo que perder".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020