CRTVG

Buscar

O PPdeG de Lugo critica o PSdeG por "utilizar as institucións" con "intereses partidistas"

Publicado o 06/07/2019 15:13

O PPdeG de Lugo presentou esta mañá os membros que integrarán o seu grupo na Deputación.

Estará integrado por doce deputados, entre eles a presidenta provincial do partido, Elena Candia, o concelleiro de Lugo Óscar Poy, o ex-alcalde de Vilalba Agustín Baamonde; ou os alcaldes de Friol, As Nogais, Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Din que farán unha oposición "construtiva" e critican que o PSdeG "utilice as institucións", din, para os seus "intereses partidistas".

 

Noticias web

06/07/2019