CRTVG

Buscar

O PPdeG celebra en Ourense os once anos da presidencia de Feijóo na Xunta

Publicado o 01/03/2020 21:21

Alberto Núñez Feijóo celebrou este domingo en Ourense o undécimo aniversario da súa primeira vitoria electoral arroupado por 1.300 simpatizantes. Apoiando o candidato popular, que chegou ao acto coa súa parella Eva Cárdenas, estiveron por primeira vez en moito tempo xuntos nun mitin Mariano Rajoy e Pablo Casado.

Feijóo dixo no discurso que o seu compromiso cos galegos está máis vixente ca nunca. Confesou tamén que durante estes anos rexeitou outros retos profesionais porque o seu único desexo é ser presidente de Galicia.

Noticias web

01/03/2020