CRTVG

Buscar

O PP reivindica o legado de Fraga no oitavo aniversario da súa morte

Publicado o 15/01/2020 11:29
O PP reivindica o legado de Fraga no oitavo aniversario da súa morte

O PP reivindicou este mércores o legado do fundador do partido, Manuel Fraga, con motivo do oitavo aniversario da súa morte, a través de diversos chíos en que destacan que conseguiu un "centrodereita unido", un dos obxectivos que teñen agora os populares coa súa proposta de España Suma.

"Hoxe máis ca nunca debemos revindicar o legado transformador dun centrodereita unido e aprender dos acertos do pasado", defendeu o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, nunha mensaxe na súa conta de Twitter.

Un texto en que lembra que fai oito anos do falecemento de Fraga, quen foi "fundador do Partido Popular, pai da Constitución e político clave na transición española".

Tamén o PP, na conta do partido, lembrou este aniversario destacando os mesmos cargos de Fraga e o seu papel "político clave na transición democrática española", antes de concluír: "O seu recordo estará sempre connosco".