CRTVG

Buscar

O PP propón que os autonómos obrigados a pechar non paguen as cotizacións e os impostos

Publicado o 10/11/2020 15:22

O PP propón axudar os autónomos cos cartos que se aforrarían reducindo os cargos e os ministerios no Goberno de España.

O líder do PP mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación de Traballadores Autónomos ao que amosou o seu total apoio. Cómpre, dixo, axudar o sector, aprazando impostos, estendendo ERTE ou concedendo créditos ICO. 

Pablo Casado tamén propuxo eliminar os pagos á Seguridade Social daqueles autónomos que estean afectados directamente polas restricións impostas polas distintas administracións.

Noticias web

10/11/2020