CRTVG

Buscar

Pendente da revisión dos votos, o PP podería perder a Deputación de Ourense

Publicado o 27/05/2019 20:59

E sobre as deputacións, na de Ourense o PP está pendente da revisión dos recontos porque perde a maioría absoluta por uns poucos votos. En caso de que non a revalide, Baltar xa adiantou que baralla a opción de gobernar en minoría ou co apoio de Ciudadanos, que obtivo un deputado na institución provincia.

No resto das deputacións non hai cambios. Todo apunta a que o PSdeG reeditará o pacto co BNG no ente provincial da Coruña. En Pontevedra tamén seguirá o equipo liderado pola socialista Carmela Silva, que queda a un deputado da maioría absoluta. E en Lugo o PP é a forza con máis escanos, pero os socialistas poden sumar co BNG, como agora, os 13 deputados que fan a maioría absoluta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019