CRTVG

Buscar

O PP pide no xulgado que non se destrúan as gravacións de Baraxas do día do encontro entre Ábalos e Delcy Rodríguez

Publicado o 18/02/2020 14:57

O PP leva o encontro de Ábalos con Delcy en Baraxas aos xulgados. Solicita amparo para que non se destrúan as gravacións de Baraxas tomadas o día do encontro. 

"E a dous días de que poidan ser destruídas, hoxe fomos a un xulgado de garda para solicitar amparo e que non se destrúan as probas das gravacións das imaxes da terminal catro. É algo lamentable, porque hai dúas semanas fixemos o que tiñanos que facer, que é ir á fiscalía, pero nin nos contestaron", asegurou Pablo Casado.

Noticias web

18/02/2020