CRTVG

Buscar

O PP gaña en Lugo pero o PSOE podería seguir gobernando co apoio do BNG

Publicado o 27/05/2019 12:50

Ramón Carballo logrou que o PP subira un concelleiro en Lugo, pero o estancamento de Ciudadanos deixou o centrodereita a un edil da maioría. Ramón Carballo: "Unha mensaxe de castigo ao goberno de Lara Méndez. Foi a única das sete grandes cidades de Galicia en que o Partido Socialista baixou en votos"

A socialista Lara Méndez perde case 1.500 votos pero mantén os oito concelleiros. Na esquerda desaparecen as mareas e o BNG duplica votos ata acadar cinco concelleiros, suficientes para formar un bipartito cos socialistas. Lara Méndez: "Poreime en contacto co Bloque Nacionalista Galego para ter unha conversa e mirar a posibilidade de formar ese goberno estable" Rubén Arroxo: "Actuar con responsabilidade para que as decisións que se tomen sexan sempre poñendo os intereses de Lugo no centro de todo"

Ciudadanos repite con dous edís, menos do que agardaba a candidata Olga Louzao.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí