CRTVG

Buscar

O PSdeG confía en alcanzar un acordo para gobernar Ferrol

Publicado o 27/05/2019 16:37

En Ferrol o Partido Popular foi a forza máis votada. A candidatura de Xosé Manuel Rey Varela suma doce concelleiros, un máis que en 2015. Queda a un escano da maioría absoluta. Rey Varela afronta a etapa que comeza agora co compromiso de traballar por Ferrol. "Traballar pola cidade, lealmente, defendendo un proxecto de cidade que tivo o respaldo maioritario dos ferroláns", di Rey Varela

O PSdeG conseguiu oito concelleiros, tres máis que nas últimas municipais. Ángel Mato podería gobernar en Ferrol, pero para iso necesita o apoio do BNG e de Jorge Suárez, polo que insta a construír un pacto de esquerdas.

"Creo que nos achegan moitas máis cuestións que as que nos separan e algunhas poderían ser compartidas por todas as forzas políticas da cidade"

Perde a alcaldía Ferrol en Común, que terá tres edís no novo Goberno local. Jorge Suárez di que agora toca reconstruír o partido e cre que está asegurado un goberno de coalición de esquerdas na cidade, tras anunciar que facilitará a investidura de Ángel Mato como alcalde.

" Mato vai ter en nós un aliado fiel, que vai tratar que as políticas da esquerda poidan ser aplicadas"

O BNG revalida o resultado, logra 2 concelleiros. Ciudadanos non terá represantación no concello de Ferrol. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí