CRTVG

Buscar

O PP di que a proposta de oito semanas de estado de alarma é razoable e insta a negociar

Publicado o 27/10/2020 15:22

Pablo Casado reuniu o seu comité de seguimento da covid-19, que reafirmou a proposta de reducir o prazo do estado de alarma a oito semanas e a necesidade de aprobar un plan B xurídico.

Ana Pastor asegura que son condicións razoables que o presidente do Goberno debe negociar.

"Oito semanas é unha proposta razoable, a pelota está no tellado do Goberno", dixo Pastor.

Noticias web

27/10/2020