CRTVG

Buscar

O PP celebra a súa convención nacional para o rearmamento ideolóxico

Publicado o 18/01/2019 21:04

O PP celebra o 30 aniversario da súa refundación cunha convención ideolóxica, estreando logo e con novo himno. Na inauguración, o secretario xeral do partido reivindicou a unidade do PP con Pablo Casado á fronte. Mariano Rajoy abriu a quenda de debates con Ana Pastor. O ex-presidente deu consellos. E facendo balance do seu paso pola política.

O actual presidente do PP clausura o domingo a convención, pero no arranque dicía que este encontro é o primeiro paso para recuperar o Goberno. Durante tres días falarán expertos en varias materias porque o PP, di Casado, quere abrirse á sociedade que os bota de menos.

Noticias web

18/01/2019