CRTVG

Buscar

O PP aspira a unir o voto de centrodereita nas próximas eleccións

Publicado o 24/09/2019 08:11

Pablo Casado, presidente do PP, "quero un Partido Popular ampliado, máis popular e menos partido, integrador e recoñecible por moderado. Responsable tanto da defensa das súas posicións como da defensa do sistema que todos compartimos".

É a declaración de intencións do líder do PP na reunión do Comité Executivo do Partido. Casado di que nas próximas xerais, o PP aspira a unir o voto de centrodereita en España. E critica a Ciudadanos por, asegura, fragmentar ese espazo.

Pablo Casado, presidente do PP, "que sentido ten desunir a unidade de voto arredor do Partido Popular?. Esta fractura constitúe un dos erros políticos máis graves da historia do liberalismo e do conservadurismo español e creo que non se pode invocar patriotismo algún nin principio político algún capaz de xustificar un comportamento con efectos tan daniños".

Casado anunciou que Teodoro García Egea, o secretario xeral do PP, dirixirá a campaña, e que o equipo incluirá por primeira vez representantes de todos os territorios de España.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019