CRTVG

Buscar

O PP ameaza con bloquear o presuposto europeo se recorta os fondos para Agricultura e Pesca

Publicado o 03/03/2020 21:17

O Partido Popular ameaza con bloquear o presuposto europeo se recorta os fondos para Agricultura e Pesca.

Nas xornadas celebradas hoxe en Marín por europarlamentarios populares con representantes do sector primario e do Goberno galego, advertiron de que o Grupo Popular do Parlamento Europeo ten capacidade de veto para parar o orzamento comunitario. Aseguran que o van facer se fose preciso.

Tamén instaron o Goberno socialista a facer valer os intereses do país na negociación en vez de levar España á irrelevancia.

Alberto Núñez Feijóo chegou a asegurar que Galicia "non chegaría a fin de mes" se se confirman os recortes nos fondos da Unión.

Noticias web

03/03/2020