CRTVG

Buscar

O PP advirte a Vox que lle pode pasar factura propiciar gobernos de esquerda

Publicado o 03/07/2019 20:29

O Partido Popular critica a Vox por non facilitar as investiduras de gobernos do PP. Fano despois de que os de Abascal non apoiaran os populares en Murcia e pola negociación na Comunidade de Madrid. Javier Maroto advirte a Vox de que lles pode pasar factura votar en contra do PP.

Javier Maroto, PP: "Se Vox non reconsidera o que está facendo en Murcia, que é votar con Podemos e co PSOE, para evitar que o PP goberne, Vox terá os días contados pero non porque soe a ameaza senón porque os votantes de Vox non queren gobernos de esquerda e os líderes de Vox está propiciando gobernos de esquerda cos seus votos en contra do PP".
 

Noticias web

03/07/2019

Máis sobre actualidade