CRTVG

Buscar

O PP acusa ao Goberno central de mentir cos prazos do AVE galego

Publicado o 18/01/2020 14:37

O Partido Popular mostrou o seu malestar e a súa preocupación polos prazos que manexa a Unión Europea para o AVE galego. Eses prazos coinciden coas previsións do informe técnico da Xunta de Galicia, que adiantaba que o tren de alta velocidade non estaría operativo en 2020. O presidente do PP na Coruña reuniuse cos deputados e cos senadores populares da provincia para repasar as principais demandas de Galicia no Congreso. Diego Calvo acusou ao Goberno de mentir e de prexudicar gravemente os intereses de Galicia, que seguirá sen AVE no ano Xacobeo.

Noticias web

18/01/2020