CRTVG

Buscar

O PP acusa a Pablo Iglesias de machista polo caso Dina

Publicado o 14/07/2020 21:08

O caso Dina, que investiga o roubo do móbil a unha colaboradora de Pablo Iglesias, chega ao Senado e máis ao Congreso. O vicepresidente non explicará  por que retivo durante meses a tarxeta do móbil da súa ex-asesora.  O Congreso rexeitou a súa comparececencia cos votos dos socialistas e de Unidas Podemos que din que é un asunto privado alleo ao control parlamentario.

Na sesión de control ao Executivo no Senado, o Partido Popular formulou ata catro preguntas sobre este caso, dúas ao propio Iglesias ao que lle piden que dimita e ao que acusan de machista por tardar en devolverlle a tarxeta do móbil á ex-colaboradora e por ver o seu contido.

"Vostede, home, decide por ela, muller, en clara mostra da súa actitude machista que, probablemente, tamén sexa constitutiva dun delito de violencia machista. Todo isto representa violencia de xénero, e iso é machismo puro e duro. Quen o ía dicir! o señor Iglesias convertido nun recalcitrante machista", di María Salom, senadora do PP.

"Nin a min, nin á señora Dina Bousselham, nin a Podemos se nos acusa de ningún delito. Vostede aquí acúsame de varios delitos. Creo que o razoable é que vaia a un tribunal. Poucas formacións políticas foron tan investigadas en España para atoparlle algún delito, algo turbio, algo sucio coma nós. Que ocorrería en España se a vostedes os investigaran coa mesma intensidade que a nós? Igual moitos dos que están aí, estaría na cadea", responde Pablo Iglesias, vicepresidente segundo do Goberno.

 

Noticias web

14/07/2020