CRTVG

Buscar

O PP acurta distancias co PSOE un ano despois das eleccións, segundo unha enquisa de 'La Razón'

Publicado o 09/11/2020 14:03
O PP acurta distancias co PSOE un ano despois das eleccións, segundo unha enquisa de 'La Razón'

Mañá fai un ano das eleccións xerais e hoxe coñecemos unha enquisa sobre o que votariamos tras este ano de xestión.

A coalición PSOE-Unidas Podemos perde un millón de votos dende aquela, segundo esta sondaxe de NC Report para La Razón. O PSOE seguiría como forza máis votada, pero baixa uns 8 deputados, quedaría con 112. E o PP acurta distancias, ao subir case 10 escanos e chegar aos 97. Tamén sobe algo Vox, 3 ou 4 deputados, e baixa Unidas Podemos, uns cinco escanos. Ciudadanos mantense e o BNG pasaría de un a dous escanos.




 

Noticias web

09/11/2020