CRTVG

Buscar

O potente furacán Iota toca terra en Nicaragua

Publicado o 17/11/2020 14:42

Sen tempo para recuperarse da devastación causada polo furacán Eta, un segundo tifón de gran poder destrutivo, o Iota, impactou esta noite pasada sobre o istmo da parte central de América.

O Iota, de categoría 4 nunha escala máxima de 5, tocou terra na costa norte de Nicaragua, onde a chuvia torrencial que o acompaña causou asolagamentos e desprendementos de terra.

As autoridades informan de refachos de vento de ata 250 quilómetros por hora que levantaron tellados e tiraron os postes da rede eléctrica.

Corenta mil persoas foron evacuadas da zona nas horas previas á chegada do furacán.

Noticias web

17/11/2020