CRTVG

Buscar

O porto de Vigo foi o cuarto que máis medrou en España

Publicado o 03/04/2020 16:45

O porto de Vigo foi o cuarto que máis medrou en España nos dous primeiros meses do ano, segundo o balance que publica Portos do Estado. O tráfico medrou un 7,8%, cando a media española é dun descenso do 1,4%, e de momento, en pleno confinamento, continúa subindo.

Este é o corazón dunha máquina que non pode parar. 200 cámaras percorren a terminal de colectores de Guixar, onde se recepciona a maioría das mercadorías que chegan, por exemplo, aos supermercados.

Toda a comunidade portuaria segue as medidas sanitarias, de seguridade e organizativas para que non se rompa a cadea que asegura o abastecemento á poboación. A gran demanda de produtos de primeira necesidade mesmo está a aumentar os tráficos.

O porto de Vigo moveu máis de dous millóns e medio de toneladas de mercadorías en colectores o ano pasado, o oitavo maior volume de España. En pesca, segue a ser o primeiro.


 

Noticias web

03/04/2020