CRTVG

Buscar

O Porriño sucumbe diante do acerto de Laura Hernández e Jenny Gutiérrez

Publicado o 08/03/2020 12:54

As dúas xogadoras internacionais do Elxe, Laura Hernández e Jenny Gutiérrez tiveron un gran acerto cara a porta do Porriño Conservas Orbe e foron as pezas mestras para que o segundo clasificado da liga levase o triunfo de terras galegas (25-32). Moi fortes dende o inicio (4-11) as xogadoras de Elxe levaron sempre a iniciativa. O Porriño tivo unha boa reacción na primeira parte cun parcial de 7-2 (11-13) pero acabou cinco abaixo o primeiro tempo (12-17). Na segunda metade Elxe castigou cada tentativa de remontada por parte do Porriño que nunca tivo opción para levar algo positivo. A extremo portuguesa Soraia Lopes foi a máis acertada con 8 goles. 

Noticias web

08/03/2020