CRTVG

Buscar

O Porriño complícase a permanencia coa derrota diante de Tenerife (19-20)

Publicado o 22/02/2020 21:03

O Conservas Orbe Porriño perdeu no seu pavillón diante de Salud Tenerife (19-20) e complícase a súa permanencia na elite do balonmán feminino. O partido foi moi igualado, cos dous equipos conscientes do moito que se xogaban para evitar o descenso. Ningún conxunto chegou a ter máis de dous goles de vantaxe e os empates sucedéronse. No treito final as porriñesas atoparon a Irene Sánchez, porteira grovense do Tenerife, que decidiu o encontro coas súas paradas nos últimos cinco minutos. 

Noticias web

22/02/2020