O Pontevedra xoga a eliminatoria de Copa co Eivisa adiada polo temporal
Publicado o 07/01/2020 21:42
Este mércores retómase o Pontevedra-Eivisa de Copa que se suspendera o pasado 18 de decembro por mor deste trebón que deixaba Pasarón totalmente anegado. O lado positivo é que o equipo vencedor xa sabe que se enfrontará ao Albacete da Segunda División.
Pablo Alfaro, ex-adestrador do Pontevedra e actual adestrador do Eivisa, prevé un partido complicado: "O Pontevedra no seu campo, en Pasarón, tentará facerse forte. Nós temos a viaxe, eles non. Eles xogaron o sábado, nós o domingo. Temos algunha baixa, máis dunha, por catarros, farinxites e demais, é a época do ano. Pero imos coa intención de pasarmos a eliminatoria e facelo ben en Pasarón".
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52