CRTVG

Buscar

O Pontevedra presenta a Carlos Pouso como novo adestrador

Publicado o 04/11/2019 17:10

E esta mañá foi presentado Carlos Pouso como adestrador do Pontevedra. O técnico biscaíño, con raíces galegas en Porto do Son, asume o banco de Pasarón. Onte asistiu ao partido do Pontevedra co Melilla. E asistiu ao segundo triunfo consecutivo tras a destitución de Luismi. Pouso conta con experiencia na categoría. Particularmente, os éxitos están asociados ao Mirandés. O Pontevedra ocupa o noveno posto da clasificación.

Noticias web

04/11/2019