CRTVG

Buscar

O Pontevedra buscará ante o Raio Majadahonda achegarse aos postos de arriba

Publicado o 13/12/2019 16:26

Na Segunda B, este sábado xogan o Rácing e o Pontevedra. Os dous pola G2. En Pasarón a oportunidade de achegarse á zona de promoción. O Pontevedra xoga co Raio Majadahonda.

29 puntos ten o Raio Majadahonda, cuarto clasificado. 25 ten o Pontevedra. A vitoria deixaría os granates ás portas da fase de ascenso.

O que si ve máis preto o técnico é que o equipo reflicta a súa filosofía de xogo.

O Ponteveda pasou de ser o segundo equipo máis goleado a encaixar só tres nos últimos cinco partidos.

Noticias web

13/12/2019