CRTVG

Buscar

O Pontevedra asalta Fuenlabrada e afástase da zona perigosa

Publicado o 08/10/2018 17:20

Gañaron os de Luismi, cero a dous, un triunfo que os afasta dos postos de perigo. O primeiro gol chegou despois deste discutido penalti que transformou Arruabarrena. Era o minuto 37. O propio Arruabarrena marcou o cero a dous á saída dun córner. O dianteiro vasco fixo dobrete e vingouse dos seus ex-compañeiros do Fuenlabrada. 

Ademais do Pontevedra, o Coruxo tamén logrou un valioso triunfo nun campo histórico como é o Plantío. Valeu este gol de Silva. O Coruxo colle aire. Levaba tres xornadas sen gañar. JACOBO MONTES. Adestrador do CORUXO"O que conseguise gañar hoxe trasládalle a crise ao outro equipo e creo que fixemos unha segunda parte moi completa, creo que merecímola vitoria e estoiu moi contento pola parte que nos toca"

En Barreiro, o Celta B perdeu contra o filial das Palmas. Os canarios gañaron con este solitario tanto de Álex Suárez. Con todo, os celestes son quintos na táboa con 13 puntos. RUBEN ALBÉS. Adestrador do Celta B"Marcho coa impresión de que fixemos o partido máis completo da temporada, no meu xeito de entender o fútbol, e co sabor amargo de non acadar ningún punto".


O Fabril tamén perdeu pola mínima no campo do Guijuelo. Valeu este gol de Jonathan Martín para darlles o triunfo aos locais. Quinta derrota dos herculinos en sete partidos.TITO RAMALLO. Adestrador do FABRIL"A ver, nos estamos xogando fóra da casa e creo que os que tivemos o balón fumos nos; quen non quixo o balón foi o Guijuelo


E o Rápido de Bouzas perdeu en Ponferrada. No Toralín os de Xurxo Otero sufriron a exhibición do inesgotable Yuri. Yuri marcou tres goles. O Rápido de Bouzas aínda non marcou tras sete xornadas de liga.
 

Noticias web

08/10/2018