CRTVG

Buscar

O policía vigués ferido nos disturbios de Barcelona evoluciona favorablemente en planta

Publicado o 05/11/2019 15:12

O axente da Unidade de Intervención Policial da Comisaría de Vigo abandonou hai unhas horas a UCI deste hospital e xa foi trasladado a planta, onde continúa a súa recuperación cunha evolución favorable.

O policía vigués quedara ferido grave o 18 de outubro na praza de Urquinaona, tras recibir o impacto dunha lousa na cabeza, o que lle provocou unha fractura na base do cranio e o esmagamento dunha vértebra, malia levar posto o casco regulamentario. Primeiro foi ingresado na UCI do Hospital Sant Pau, en Barcelona, e o xoves un avión medicalizado militar trasladábao ata aquí, ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde agora se recupera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019