CRTVG

Buscar

O policía galego ferido en Cataluña abandona a UCI

Publicado o 05/11/2019 10:18
O policía galego ferido en Cataluña abandona a UCI

O policía galego que quedou ferido grave nos disturbios de Barcelona acaba de ser trasladado a planta no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Iván Álvarez, que o pasado 31 de outubro chegaba a Galicia procedente de Cataluña nun avión medicalizado, permaneceu estes dias na UCI, pero a mellora do seu estado permitiu que este luns o pasaran a planta.

A noticia coincide coa aprobación por parte do pleno do Concello de Ourense dunha moción de apoio e recoñecemento ao traballo que realizan as forzas de seguridade do Estado en Cataluña. A iniciativa foi do PP e de Democracia Ourensana e contou coa oposición do BNG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019