CRTVG

Buscar

O PNV pide aplicar o estado de alarma só nalgúns territorios: "Non ten sentido mantelo en todo o estado"

Publicado o 04/05/2020 23:24
O PNV pide aplicar o estado de alarma só nalgúns territorios: "Non ten sentido mantelo en todo o estado"

O portavoz do PNV no Congreso dos Deputados, Aitor Esteban, expuxo este luns que a aplicación do estado de alarma sexa por territorios e non en todo o país como ata o de agora.

"Por que ten que manterse o estado de alarma en todo o territorio? Quizais non ten sentido", explicou.

Nunha entrevista en RNE, o portavoz do PNV aclarou que será necesario que o Goberno aplique o estado de alarma "nalgúns lugares" para, por exemplo, "limitar o dereito de libre circulación".

"Pódese contemplar nalgúns lugares, pero levalo ata mediados de xuño e co control pechado por parte do Estado non ten sentido", sinalou.

Así, pediu ao Executivo de Pedro Sánchez "diálogo" e asegurou que están a negociar o apoio á prórroga do estado de alarma, aínda que non desvelou o sentido do voto.

"Pensar que o Goberno español é o único que o sabe facer ben e que as comunidades son desaprehensivos... non é xusto", insistiu.

Ao preguntarlle por se a lexislatura corre perigo tras o voto contrario de ERC a prorróga, Esteban dixo que a súa formación non ten intención de "poñer en risco o Goberno".

 

 

Noticias web

04/05/2020