CRTVG

Buscar

O PIB de Francia sofre a maior caída dende a Segunda Guerra Mundial

Publicado o 08/04/2020 21:31
O PIB de Francia sofre a maior caída dende a Segunda Guerra Mundial

O coronavirus afunde a economía francesa un 6% no primeiro trimestre do ano, segundo datos do Banco de Francia. Este organismo compara a caída da economía gala coa que sufriu o país durante as revoltas do 68.

Tamén hoxe, varios institutos económicos xermanos calcularon que o PIB alemán caerá este 2020 un 4,2%, o maior retroceso desde que hai rexistros e o dobre do padecido durante a crise financeira en 2009.

Noticias web

08/04/2020