CRTVG

Buscar

O persoal non sanitario, fundamental na loita contra a Covid-19

Publicado o 22/05/2020 14:09

Non son persoal sanitario, pero si unha parte esencial dos hospitais. Eles tamén se enfrontan cada día ao coronavirus.

Juan Carlos Ares, celador, explica que foi todo un reto, que seguen tendo as mesmas funcións, pero que se traballa, di, doutra maneira, con máis medidas de protección e seguridade.

Pili González, limpadora, di que os primeiros días da pandemia foron agoniantes, e que na súa empresa reforzaron as quendas e agora traballan cunha máquina desinfectante, explica, que facilita o traballo da limpeza.

Novos xeitos de traballar que son todo un reto. Ao marchar para a casa, non sempre é doado desconectar. Pili di que se vai para a casa coa sensación do traballo ben feito, pero pensando no que deixa no hospital.

Con todo, miran o futuro sen medo. Juan Carlos asegura que están máis preparados ante un posible rebrote do virus.

Con frecuencia, o seu labor pasa desapercibido, pero celadores, limpeza, administración ou persoal de cociña, entre outros, desenvolven o seu traballo a carón dos sanitarios, logrando que a complexa maquinaria do hospital funcione.

Noticias web

22/05/2020