CRTVG

Buscar

O persoal de Sabón acepta o plan de viabilidade de Ferroatlántica

Publicado o 18/06/2019 13:24
O persoal de Sabón acepta o plan de viabilidade de Ferroatlántica

O cadro de persoal de Ferroatlántica en Sabón acepta o plan de viabilidade que ofrece a compañía. O acordo garante os salarios dos traballadores ata xaneiro de 2023 sempre que a venda da factoría de Brens ao fondo TPG se materialice. O investimento asegurado é de 18 millóns, podendo chegar a 26. Con todo, un sindicato, a CIG, rexeita o acordo. Votaron a favor case o 63 por cento dos operarios de Sabón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019