CRTVG

Buscar

O persoal das residencias pídelle á Xunta unha mellora dos servizos sociais

Publicado o 09/07/2020 16:36

Persoal de residencias que dependen de Política Social protagonizaron hoxe unha nova xornada de mobilizacións. Con estas concentracións pediron o recoñecemento profesional destes traballadores, e unha mellora dos servizos sociais públicos.

Os catro sindicatos convocantes entregaron no rexistro da Xunta en Santiago sinaturas de persoal das residencias dirixidas á conselleira de Política Social, para reclamar a recuperación de dereitos.




 

Noticias web

09/07/2020