CRTVG

Buscar

O Pereiro de Aguiar, con núcleos de poboación de menos de 500 habitantes, pide quedar libre das franxas horarias de saída

Publicado o 03/05/2020 15:50

Os preto de 500 veciños do núcleo máis poboado do Pereiro de Aguiar comezaron as primeiras saídas á rúa esta fin de semana coas limitacións horarias establecidas para os concellos de máis de 5.000 habitantes. Unhas restricións que consideran inxustas.

En todo o concello son algo máis de 6.000 veciños distribuídos en preto dun cento de núcleos. Esa dispersión poboacional fai que outros moitos concellos rurais galegos se atopen nunha situación semellante.

Varios alcaldes e a Administracion galega solicitáronlle ao Goberno que aclare a norma do Ministerio de Sanidade que permite realizar deporte e actividade física porque entenden que a interpretación correcta é a que fan en Asturias ou Murcia.

Os veciños agardan unha resposta que lles permita alongar o paseo como xa poden facelo os habitantes dos núcleos de Xixón e Oviedo.

Noticias web

03/05/2020