CRTVG

Buscar

O PEN galego recoñece a Marina Mayoral

Publicado o 28/11/2019 21:33
O PEN galego recoñece a Marina Mayoral

A escritora Marina Mayoral recibiu esta tarde o premio Voz de Liberdade. É un galardón que concede o centro PEN de Galicia e que recoñece, neste caso, a constante defensa dos dereitos de expresión e opinión que fai Marina Mayoral a través da súa obra literaria.

A escritora recolleu o premio, unha escultura de Acisclo Manzano, nun acto literario que se celebrou esta tarde na Cidade da Cultura.

Noticias web

28/11/2019