CRTVG

Buscar

O peixe e os sabores do mar atraen os visitantes ao Seafest de Vigo

Publicado o 05/07/2019 15:13

Mergullarse nun mar de sabores é posible no Seafest. Aquí os diferentes peixes que cada día chegan á lonxa de Vigo convértense en sorprendentes propostas gastronómicas.

Quenlla ou tamén rapantes, luras, raias ou pescadas afumadas que naceron sardiñas. Son algúns dos petiscos que se poden degustar a prezos accesibles no Seafest. Un certame de gastronomía marítima que xa é referencia a nivel mundial, que pon en valor a calidade dos nosos produtos potenciando o consumo de peixe

Unha festa do mar que, o pasado ano, recibiu máis e 120.00 visitantes, onde tamén é posible gozar da musica, de obradoiros científicos para os máis pequenos, de cociña en directo e mesmo de actividades náuticas. Unha aposta polo que é sustento de máis de 40.000 familias en Galicia, o mar.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019