CRTVG

Buscar

O peculiar adestramento sen auga e na cociña da nadadora Yuliya Efimova

Publicado o 18/04/2020 09:04

E acabamos cunha nadadora que para manter a forma adéstrase sen auga e na cociña. Aquí teñen a rusa Yuliya Efimova, seis veces campioa do mundo en brazas e tripla medallista olímpica. Así é unha sesión de adestramento de Efimova en pleno confinamento. Nadando, suspendida no aire sobre o mesado da cociña mentres é suxeitada polos pés. Nadar en seco, como o definiu ela demostrando ademais unha enorme fortaleza física na parte abdominal, nas lumbares e sobre todo nas pernas. Unha master class ao alcance de moi poucos.

 

 

 

Noticias web

18/04/2020