CRTVG

Buscar

O peche da hostalería non inflúe nos prezos do peixe e do marisco

Publicado o 24/11/2020 14:38

Coa hostalería pechada na Coruña, os prezos do peixe e do marisco non se ven afectados.

"Inflúen máis as mareas...". "O particular que antes ía aos restaurantes, agora vén ao mercado e merca para consumir na casa", comentan dúas vendedoras.

Así que en vez de baixar, algúns destes manxares comezan a subir semana a semana.

"A partir da ponte de decembro xa comezan a dispararse os prezos. A centola está agora a trinta euros o quilo e o camarón entre 80 e 90 euros, e polo Nadal pode chegar aos 280", engade un vendedor.

Por iso, a pesar de que esta campaña de Nadal está sinalada pola incerteza, hai quen xa está mercando para conxelar.

"Están levando camarón, cigala e centola, que conxelan moi ben".

Malia estar en plena pandemia, a previsión é que estas cotizacións aumenten segundo avancen os días.

Noticias web

24/11/2020