CRTVG

Buscar

O Pazo da Merced en Neda aposta por iglús para a terraza

Publicado o 08/08/2020 16:02

Sentar á mesa , con vistas a Ría de Ferrol e sen compartir comedor con máis clientes pode ser apetecible, mesmo neste momento no que a seguridade hixiénica e sanitaria son a prioridade. De feito, dende a inauguración destas cinco estruturas con forma de iglú, o Pazo da Merced colga o cartel de completo. O seu xerente, Guillermo Alcalá, asegura que en 48 horas cubriron as reservas para 15 días.

Sirven unicamente ceas . E é que a proposta deste restaurante situado no concello de Neda, vólvese máis atractiva cando cae a noite. Acristaladas ou de PVC, como son estas, as cúpulas para terraza son xa moi comúns nalgúnhas cidades europeas mesmo nos meses máis frios do ano.

Cun investimento duns 3000 euros en cada estrutura, a dirección do complexo hostaleiro non descarta instalar algunha máis dado o éxito de acollida.

"Esta idea recollina dunha viaxe a Francia, estas estruturas estaban instaladas na praza central dun hotel en Burdeos" di Guillermo Alcalá.
En cada recinto entran un máximo de oito comensais .Trala cea o espazo desinfectase con ozono e a burbulla queda lista para recibir novos comensais .

 

 

Noticias web

08/08/2020