CRTVG

Buscar

O PP aproba o xoves os cambios na cúpula tras a marcha de Álvarez de Toledo

Publicado o 18/08/2020 13:56

Casado remodela a dirección do PP comezando pola voceira. Comunicoulle a decisión nunha conversa de dúas horas, da que Álvarez de Toledo informou a prensa. 

Di que o detonante foi unha entrevista que concedeu esta fin de semana, con algunhas declaracións que se apartaban da liña oficial do partido. Nas próximas horas anunciará se deixa tamén o escano.

A súa substituta como voceira no Congreso será a vicesecretaria de Política Social, Cuca Gamarro, que xa agradeceu a confianza de Pablo Casado. 

E á súa vez, as políticas sociais quedan en mans de Ana Pastor, que tamén manifestou lealdade ao líder do PP e orgullo por pertencer ao partido.

A maiores, Casado crea un novo cargo, voceiro nacional, para José Luís Martínez-Almeida, o alcalde de Madrid. Dixo que agarda estar á altura en momentos tan transcendentais para España.

Todos os cambios se interpretan como unha aposta por posicións máis moderadas. Vanse aprobar pasadomañá no máximo órgano do partido, a Xunta Directiva Nacional.

Noticias web

18/08/2020