CRTVG

Buscar

O Parrulo remonta ante o Cartaxena na Malata

Publicado o 19/02/2020 22:04

Gran vitoria do Parrulo na Malata. O cadro ferrolán impúxose 3-2 ante un dos candidatos a entrar nas eliminatorias polo título, o Cartaxena. Saura adiantou os ferroláns pero Fernández deulle volta ao tanteador antes do descanso, primeiro cun gol de penalti e despois cunha gran xogada para establecer o 1-2. O partido resolveuse nos últimos minutos cunha gran remonta local. Adri empataba logo dun caneo maxistral e un gran remate e tan só un minuto despois Morioka facía o 3 a 2 que achega o Parrulo ás posicións de privilexio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020