CRTVG

Buscar

O Parrulo demostra o seu bo momento remontando diante de Peñíscola (6-4)

Publicado o 28/11/2020 21:30

No fútbol sala, o Burela non puido sacar nada da súa visita á pista do Betis, onde caeu por dous goles a un. Pola súa banda, O Parrulo acadou unha vitoria sufrida diante do Peñíscola. Os ferroláns, que chegaron a ter un 3-1 ao seu favor cunha grande actuación de Adri, viron como os visitates remontaban ata o 3-4 a menos de dez minutos para o final. 

Os de Héctor Souto subiron liñas e acadaron a vitoria grazas a dous goles de Thalles e un último tanto do capitán Isma. O triunfo é fundamental para escapar da parte baixa.

Goles: 0-1 Walex 12' 1-1 Ique 13' 2-1 Adri 20' 3-1 Adri 21' 3-2 David 28' 3-3 Paniagua 29' 3-4 Orzáez 30' 4-4 Thalles 34' 5-4 Thalles 38' 6-4 Isma 39'

 

Noticias web

28/11/2020