CRTVG

Buscar

O parque acuático de Cerceda limitará a cabida e reforzará a seguridade

Publicado o 15/05/2020 14:32

O parque acuático de Cerceda, a única instalación deste tipo que hai en Galicia, prepárase para iniciar a temporada a partir da primeira semana de xullo, sempre que a evolución da pandemia o permita.

Coa vista posta nesa data, os técnicos do parque traballan xa en adaptar as instalacións á nova situación eliminando todos os obstáculos físicos que separaban as distintas zonas para evitar aglomeracións. 

Ademais, a acollida limitarase a entre 1.500 e 2.000 persoas."Ampliouse o espazo, en total van ser 35.000 metros cadrados onde se entende que vai ser moito máis fácil levar a cabo as medidas de distanciamento social.

"Para evitar contaxios, reforzaranse as medidas de hixiene e limpeza das piscinas e tobogáns, que terán tamén límite de cabida".

Os dous metros de distanciamento estarán marcados no chan e o persoal do parque vixiará que se cumpran.

"Eu penso que todo o mundo ten tantas ganas de saír e gozar un pouco do aire libre e do sol que penso que todo o mundo vai respectar as distancias".

Para facer fronte a todas estas medidas, o parque contratará máis persoal que en anos anteriores.

Noticias web

15/05/2020