CRTVG

Buscar

O Parlamento volve reclamar os 330 millóns que o Estado lle debe a Galicia

Publicado o 18/12/2019 15:18
O Parlamento volve reclamar os 330 millóns que o Estado lle debe a Galicia

O Parlamento volve a reclamarlle ao Estado os 330 millóns de euros que lle debe a Galicia polo IVE do 2017 e por cumprir os obxectivos de déficit no 2017 e no 2018.

A proposta, do Grupo Popular, pídelle ao Goberno central que se endebede polo importe que lles debe ás comunidades e que faga o ingreso antes de finais de ano.

A que obtivo a unanimidade da cámara foi outra proposta do PPdeG en que lle demandan ao estado a elaboración dun plan director para o Corredor Atlántico de mercadorías e a solicitude de fondos europeos para iniciar proxectos básicos como a saída sur de Vigo.

Noticias web

18/12/2019