CRTVG

Buscar

O Parlamento catalán reproba a Torra e pídelle que convoque eleccións

Publicado o 04/04/2019 17:04
O Parlamento catalán reproba a Torra e pídelle que convoque eleccións

O Parlamento catalán aprobou unha mocion dos socialistas co apoio do PP, Ciudadanos e os Comúns, nunha votación en que non participou a CUP, onde lle pide ao presidente da Generalitat, Quim Torra, que convoque eleccións ou se someta a unha cuestión de confianza.

A iniciativa contou co apoio dos 62 deputados do PSC, C's, PP e os Comúns e 61 en contra de JxCat e ERC e saíu adiante xa que os catro deputados da CUP non participaron na votación.

A moción "constata a inoperancia do Govern da Generalitat, a falta de orzamentos para 2019 e a perda da maioría parlamentaria".

Así, os socialistas cataláns reclaman que o executivo se sometaa unha cuestión de confianza ou haxa convocatoria electoral.