CRTVG

Buscar

O Parlamento británico desoe a Johnson e descarta convocar eleccións o 12 de decembro

Publicado o 28/10/2019 20:33
O Parlamento británico desoe a Johnson e descarta convocar eleccións o 12 de decembro

O Parlamento británico rexeitou este luns convocar unhas eleccións xerais anticipadas o próximo 12 de decembro, como propoñía o primeiro ministro, o conservador Boris Johnson. O Goberno necesitaba o apoio de dous terzos da Cámara dos Comúns (polo menos 434 votos) para sacar adiante a iniciativa, pero só obtivo 299 votos a favor por 70 en contra.

O primeiro ministro británico anunciou que tentará aprobar unha lei que lle permita a convocatoria electoral. Johnson non ten o apoio de dous terzos do Parlamento que esixe a actual lexislación para chamar ás urnas, pero só necesita o apoio da metade dos deputados para modificar a lei e establecer unha convocatoria excepcional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019