CRTVG

Buscar

O Parlamento aproba por unanimidade o plan de traballo da comisión para a reactivación económica, social e cultural

Publicado o 27/10/2020 20:52

O Parlamento aprobou por unanimidade o plan de traballo da comisión para a reactivación económica, social e cultural de Galicia tras a covid-19.

Durante os tres meses que está previsto que duren os traballos desta comisión de estudo, pasarán polo Pazo do Hórreo preto de 50 comparecentes e analizaranse un cento de informes. Entre eles está previsto que compareza Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria.

Os tres grupos parlamentarios coinciden na necesidade de dialogar e de chegar a acordos para que as conclusións sexan útiles á sociedade galega.

Noticias web

27/10/2020