CRTVG

Buscar

O párkinson será a doenza grave máis común

Publicado o 11/04/2019 13:12

A incidencia do párkinson aumenta coa idade, e a poboación mundial está envellecendo. Os expertos temen que nos próximos vinte anos o número de afectados pase dos sete millóns actuais a doce. É a doenza que máis medra, e unha das máis incapacitantes.

"Á hora de escribir empecei a notar serias dificultades, e todo o que tiña que ver coa mobilidade fina da man dereita. Cando fun ao neurólogo díxome que tiña párkinson".

"Ademais do farmacolóxico teño tratamento terapéutico e logopédico. De momento non tiven que acudir ao psicolóxico, pero é probable que teña que recorrer a el tamén", di  Miguel Andrade, profesor e doente de párkinson.

A depresión pode ser un sinal previo, e malia que o tremor é o síntoma máis recoñecible, non é o primeiro nin se produce sempre.

"Quizais o tremor o experimentan só o 50% dos doentes. Hai outros aspectos tan invalidantes como a rixidez, a ansiedade, a depresión, as ludomanía, tamén. Todas estas cousas ás veces son previas ao diagnóstico da enfermidade", explica Vinyet Miret, directiva da Asociación de Párkinson de Galicia.

En España están diagnosticadas de párkinson 160.000 persoas. Malia que afecta sobre todo maiores de sesenta anos, dous de cada dez doentes teñen menos de cincuenta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019