CRTVG

Buscar

O papa emérito Bieito XVI está gravemente enfermo

Publicado o 03/08/2020 22:01
O papa emérito Bieito XVI está gravemente enfermo

O papa emérito Bieito XVI está gravemente enfermo. Asegúrao o seu biógrafo en declaracións a un xornal alemán. Aínda que polo momento nada foi nin desmentido nin confirmado polo Vaticano, todo apunta a que padece un herpes zoster no rostro que lle produce moita inchazón e fortes dores.

Bieito XVI, de 93 anos, acaba de regresar a Roma logo dunha viaxe a Alemaña para visitar o seu irmán, que morreu o pasado 1 de xullo. Di o biógrafo que o expapa razoa e mantén a memoria, malia que a súa voz é practicamente imperceptible.

Noticias web

03/08/2020